Neste martes 27 de decembro os máis pequenos de Parada de Sil saían deste municipio para desprazarse ata Pazolandia, un parque de atraccións instalado dentro e fóra do Pavillón Paco Paz de Ourense. Aí pasarán unha intensa e divertida xornada.
Esta viaxe forma parte das actividades programadas polo Concello de Parada de Sil para estas datas de Nadal.
Fotos cedida.