ConcellosRubiáÚltima hora

A recadación do magosto interparroquial de Rubiá irá destinado ás misións e a un orfanato en Filipinas

 

Con máis participación que o ano pasado, rozando ás 200 persoas segundo o párroco, e unha temperatura agradable, celebrábase o magosto interparroquial, misioneiro e solidario de Rubiá.

 

 

No entorno da igrexa, os asistentes degustaron un exquisito touciño entrefebrado, castañas, doces caseiros e queimada, participando no sorteo dun xamón.

 

 

Tal como explica o párroco Daniel Pérez, a metade da recadación das rifas vendidas destinarase ás misións (Domund) e a outra metade á axuda dun orfanato situado en Filipinas, no que se atopa unha misioneira de Rubiá, a irmá Lourdes, que nos visitou o verán pasado. “Por unha banda, a nosa achega económica favorecerá a alimentación duns 60 nenos que viven en devandito orfanato situado nun barrio marxinal e por outra, serviría para conseguir o mobiliario básico e necesario do cal está desprovisto”, di Pérez Quintela.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button