DeportesTenisÚltima hora

A renovada pista de tenis de Petín inaugurarase en xullo co XXV Torneo Memorial Juan Pablo Vieites

 

Cinco anos despois da última edición volve a Petín o Torneo de Tenis Memorial Juan Pablo Vieites, organizado polo Concello en colaboración co Club Tenis Rúa, Deputación de Ourense e Ortopedia Petín.

Tal como explican dende a organización, despois do 2019 non se pudo celebrar pola pandemia e o ano pasado tampouco polos desperfectos na pista debido a un temporal polo que esta edición, a XXV que se celebrará do 12 ao 21 de xullo, “servirá para reinagurar a pista de tenis tras ser arranxada polo Concello de Petín”.

O prazo de inscrición estará aberto ata o 12 de xullo para as categorías benxamín, infantil, absoluto e veterano +35 masculino; e benxamín, infantil e absoluto feminino. Para poder participar é necesario estar en posesión da licenza federativa de tenis.

Artigos relacionados

Back to top button