ConcellosLaroucoÚltima hora

A residencia de maiores de Larouco, libre de Covid

Exterior da residencia de maiores de Larouco. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

A residencia de maiores DomusVi Larouco está neste momento libre de casos de coronavirus. Así se reflicte no listado feito público pola Consellería de Política Social neste venres 15 de xaneiro, do que sae “por negativizar” un traballador deste centro que dera positivo hai unhas semanas.

É o único caso da provincia de Ourense dos 15 que saen da lista de positivos en residencias de maiores galegas. Outro deles é 1 traballador da Residencia DomusVi Monforte de Lemos.

Neste momentos Galicia rexistra 345 positivos en usuarios de residencias da terceira idade e 185 entre os seus traballadores, segundo os datos da Xunta.

Artigos relacionados

Back to top button