Continúa a programación de Nadal do Barco Centro Comercial Aberto (CCA). Arredor das 16:30 horas desta tarde comezaba na Praza do Concello, o espectáculo infantil “Cores, Contos e Rock and Roll con Ramona Órbita” da man Pakolas, que estaba acompañado pola ilustradora Laura Romero quen, creaba un fermoso debuxo harmonía co desenvolvemento da actuación. Música, historias e humor coa referencia de Ramona Órbita, unha labrega moi especial do Courel.
Ao finalizar o espectáculo estaba previsto un sorteo entre todos os asistentes de dez libros de Pakolas. Para participar, o público tiña que entregar aos responsables do CCA O Barco un ticket de compra dalgún dos establecementos asociados con data de decembro de 2022.
Fotos: A.R.