DeportesGalerías de fotosÚltima hora

A Rúa acolle o seu III Aberto Internacional de Xadrez

O programa deste evento, organizado polo Club Xadrez Valdeorras, comezaba ás 12h. deste sábado con torneos amistosos ao aire libre

Ao aire libre con “Xadrez para todos” iniciábase no mediodía deste sábado 13 de xullo o III Aberto Internacional Xadrez A Rúa. Na rúa Doutor Vila desta localidade valdeorresa desenvolvíanse unha serie de partidas amistosas e torneos entre os asistentes.

Xa pola tarde, ás 16:30h. dábase paso ao III Aberto Internacional, con prazas limitadas, no pavillón polideportivo do Aguillón, cunha notable participación. Seguirase o sistema de xogo suízo a 6 rondas e cun ritmo de xogo 15 minutos finish.

 

 

O torneo inclúe premios económicos para os sete primeiros clasificados da xeral: 200 euros para o 1º, 150 euros para o 2º, 100 para o 3º, 80 euros para o 4º, 60 euros para o 5º, 40 para o 6º e 30 para o 7º. Ademais na clasificación Sub 1700/ sen Elo o 1º levará 40 euros e o 2º 20.

Tamén haberá premios para o primeiro clasificado das categorías Sub10, Sub12, Sub14 e Sub 16: 2 vídeos series de Chess24. Este aberto está sendo organizado polo Club Xadrez Valdeorras.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button