
A Aguillón da Rúa converterase mañá sábado, 11 de febreiro, en escenario do Campionato provincial Xogade de campo a través. As probas comezarán coa categoría cadete ás once menos cuarto. Tamén competirán nesta cita as categorías infantil, alevín e benxamín (por esta orde).
Esta proba será organizada polo Servizo Provincial de Deporte da Xunta en colaboración coa Delegación Valdeorresa da Federación Galega de Atletismo e o Concello da Rúa.