A RúaConcellosGalerías de fotosÚltima horaVídeos

A Rúa aplaude o paso do pelotón da Volta Ciclista a Galicia

 

Cun pequeno retraso sobre a hora prevista, en torno ás 13 horas deste sábado 17 de setembro chegaban á Rúa os ciclistas que están participando na 20 Volta Cilcista a Galicia.

Entraban pola OU-533 dende Freixido e atravesaban a vía central da Rúa (Progreso, Campogrande e San Roque) para saír pola OU-603 rumbo a Vilamartín de Valdeorras. Precedido por un gran despliegue de axentes da Garda Civil e membros da organización, o pelotón era aplaudido polo público rues.

A deste sábado é a 3ª etapa da ronda galega que comezaba en Poio o xoves e rematará mañá en Ponteareas. Saía da Estación de Montaña Manzaneda ás 12 horas e tras percorrer nove concellos do oriente ourensán, rematará de novo na estación pasadas as tres e media da tarde.

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver.
Vídeo cedido.

Artigos relacionados

Back to top button