DeportesÚltima hora

A Rúa converterase en capital galega do campo a través o 30 de outubro

Esta vila valdeorresa acollerá o Campionato de atletismo de Galicia Absoluto, Sub23 e Sub20 de campo a través por equipos masculino e feminino, Campionato de Galicia Sub 16 e Sub 18 por equipos masculino e feminino e Campionato de Galicia de Relevos Absoluto Mixtos

Imaxe dunha competición anterior de cross na Rúa./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Rúa acollerá o vindeiro 30 de outubro o Campionato de Galicia Absoluto, Sub23 e Sub20 de campo a través por equipos masculino e feminino, Campionato de Galicia Sub 16 e Sub 18 por equipos masculino e feminino e Campionato de Galicia de Relevos Absoluto Mixtos. Estas probas serán organizadas pola Federación Galega de Atletismo (FGA) e polo  Concello da Rúa e desenvolveranse no circuíto da chopeira.

Para a clasificación por equipos utilizaranse as seguintes categorías: Abs (2002e anteriores) Sub23 (2000, 2001, 2002) e Sub20 (2003 e 2004) Sub 18 (2005e 2006) e Sub 16 (2007 e 2008) tanto en homes coma en mulleres.Art.3). Os/as atletas máster poderán participar como atletas da categoría sénior e formar equipoabsoluto, a tódolos efectos, segundo o regulamento dos campionatos que vén publicar a FGA.

As inscricións realizaranse a través do sistema online na web da R.F.E.A con data límite o luns 24de outubro ás 20:00 horas: https://sdp.rfea.es/auth/login

 

Artigos relacionados

Back to top button