A RúaConcellosÚltima horaVídeos

A Rúa despide as festas de verán cun animado concerto do grupo Assia

Esta noite tócalle o turno ás Xornadas de Folclore que traerán ao Aguillón, a partir das 22:30 horas, os ritmos de Angola, Colombia e México

Publicidade

 

Ao ritmo dos temas máis emblemáticos dos anos 80 e 90, en español e inglés, de rock, pop e mesmo música electrónica “pero de verdade e tocada en directo”, despedían na Rúa as festas de verán.

Facíano en torno ás 3 da madrugada deste martes 9 de agosto, ao frenético ritmo do grupo Assia que fixo cantar e bailar ao público asistente, algún chegado doutras localidade limítrofes expresamente para velos e escoitalos. E é que os músicos asturianos levan dende 1995 sobre os escenarios, cun repertorio de versións en directo que abarca un sinfín de grupos, dende Deep Purple, Prince ou Héroes del Silencio, ata Manolo García ou os mesmísimos Queen.

 

 

A Rúa poñía así fin a catro días de intensa actividade para a toda a familia, con especial atención no apartado musical, pasando polo escenario da praza da Estación grupos como Jackson Dance Company, Função Pública ou Olympus.

Fóra xa de programa, esta noite tócalle o turno ás Xornadas de Folclore que traerán ao Aguillón, a partir das 22:30 horas, os ritmos de Angola, Colombia e México.

Fotos: Mónica G. Bellver.
Vídeos: Cedido/ Mónica G. Bellver.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button