A RúaConcellosEn portadaÚltima horaVídeos

A Rúa despide o 2024 brindando na praza do Concello con cava de Almendralejo

 

Un ano máis os veciños da Rúa despedían o ano cun brinde comunitario na praza do Concello.

 

 

Na tardiña do martes 31 de decembro numerosas persoas reuníanse para brindar con cava de Almendralejo nun acto festivo que contou con música e fogos artificais, sumándose aos bos desexos do equipo de Goberno encabezado pola alcaldesa María G. Albert.

 

 

O Nadal continúa na Rúa co parque infantil no Pavillón Polideportivo Victorino Núñez (O Aguillón) que estará instalado do 2 ao 7 de xaneiro, en horario de 11 a 13:30 e de 16 a 20 horas (menos o día 6 que será unicamente de taarde), con inchábeis e pista de patinaxe.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button