EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A Rúa e os seus viños en Iberovinac en Almendralejo (Extremadura)

 

Dende hoxe e ata o venres día 22 de marzo celébrase na localidade de Almendralejo a 23ª edición de Iberovinac, o Salón del Vino y la Aceituna de Extremadura, que conta cun stand do Concello da Rúa no que están representadas 14 adegas, contando coa colaboración do C.R.D.O. Valdeorras e a Ruta do Viño de Valdeorras.

Ao longo dos tres días que dure a feira participarán en diferentes actos que se leven a cabo, entre os que destaca unha cata de viños de Alán de Val a cargo de Joaquín Sánchez, presidente tamén da Ruta do Viño de Valdeorras, mañá ás 11 horas; e a proxección de “Covas de Valdeorras” tamén mañá ás 12:30 horas no Salón de Actos.

Na xornada inaugural de hoxe, a delegación ruesa brindaba co alcalde e coa presidenta da Junta e consejera de Agricultura.

Fotos cedidas

 

Artigos relacionados

Back to top button