En portadaÚltima horaVídeos

A Rúa e os viños valdeorreses promocionaranse no 21º Iberovinac, en Almendralejo

O Concello foi convidado polo pobo co que está irmandado, a asistir ao Salón do Viño e da Aceituna de Extremadura e tamén á Romaría de San Marcos

O alcalde da Rúa, Álvaro Fernándeaz, na rolda de prensa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Nesta mesma semana o Concello da Rúa viaxará ata a localidade extremeña de Almendralejo, para asistir á 21 edición de Iberovinac, Salón do Viño e da Aceituna de Extremadura, que se celebrará do 20 ao 22 de abril e á Romaría de San Marcos o 25 de abril, convidado polo propio alcalde almendralejense, José María Ramírez.

Así o avanzaba esta mañá o alcalde rues, Álvaro Fernández, agradecendo publicamente o convite e o cariño con que sempre son tratados por parte da localidade coa que están irmandados, sendo a primeira vez que poden ir dende que están no Concello. A invitación fíxose extensible ao resto da corporación e finalmente irán tamén os compañeiros do Psde G-PSOE. “É importante que A Rúa esté presente xa que contaremos cun stand por xentileza do Concello de Almendralejo para promocionar os nosos produtos, neste caso os viños da Rúa e de toda a comarca. Tamén nos acompañará nos actos o presidente da Ruta do Viño, Joaquín García. É unha boa oportunidade para os produtores locais de darse a coñecer e opter posibilidades de venda”, dixo Álvaro, adiantando que finalmente asistirá unha quincena de adegas e unha representación da Cooperativa Virxe das Viñas.

 

 

 

Ante a inminente visita a Extremadura, o rexedor rues amósase ilusionado pero tamén nervioso. “Esperemos que todo saia ben, pero o máis importante é fomentar o irmandamento entre os dous pobos que sempre foron un exemplo a seguir, ao tempo que se vai recuperando a normalidade trala pandemia na que mantivemos o contacto, moi pendentes uns dos outros o que demostra que os lazos funcionan”, concluía cunha mención especial a Juan Francisco Sánchez, irmán maior e embaixador da Rúa en Almendralejo.

 

Artigos relacionados

Back to top button