CulturaCulturaÚltima hora

A Rúa, O Barco e Abertal en ‘Eu quero viño’, o novo programa da TVG

As cámaras da Televisión de Galicia rodaron en lugares emblemáticos da Rúa e tamén no Barco de Valdeorras

 

Na noite deste mércores 2 de xuño, a TVG emitía a terceira edición do divertido e promocional programa ‘Eu quero…’,  espazo en que a alegría e as ansias de pasalo ben están sempre en primeiro termo, a través dun percorrido polos mellores produtos gastronómicos de Galicia, nesta ocasión co viño como protagonista.

Así, ‘Eu quero viño’ estivo adicado a un dos emblemas da gastronomía galega cun percorrido polas cinco Denominacións de Orixe e paradas na Rúa e no Barco de Valdeorras. Nestes dous concellos da comarca valdeorresa os protagonistas foron o godello e a mencía, con visita á Adega Godeval e a intervención, dende o Barranco Rubio e co val da Rúa de fondo, do director técnico do Consello Regulador, Jorge Mazairas.

Tamén o Botelo do Barco tivo o seu oco, preparado e degustado no Hotel Restaurante Calzada, facendo especial fincapé no apartado musical que correu por conta de Abertal, a Escola de Música e Baile Tradicional que loou os viños de Valdeorras e por suposto puxo o son a unha parte do programa dende o Aguillón, con Encoro de San Martiño de fondo.

 

Artigos relacionados

Back to top button