A RúaConcellosÚltima hora

A Rúa prepárase para un Nadal diferente

A través da plataforma dixital "Campamento na casa", o Concello propón alternativas á Cabalgata de Reis

Os Reis Magos na Cabalgata deste ano 2020. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Neste tempo de pandemia que estamos vivindo todo son incertidumes, pero se hai claro é que todo (actividades, festexos e día a día) está sendo moi diferente a outros anos. Así é todo, ante a pronta chegada do Nadal, no Concello da Rúa non queren deixar aos cativos do municipio sen a oportunidade de transmitirlle ás Súas Maxestades de Oriente todos os seus desexos.

Por iso, a través da plataforma dixital Campamento Na Casa – Concello de A Rúa creada para facer máis levadeiro o confinamento, propoñen dúas ideas para a Noite dos Reis Magos (5 de xaneiro). A primerira é que a través de medios electrónicos os cativos poidan contar cunha recepción virtual moi divertida e persoal. A segunda, e se a situación o permite, é que dende o Concello adopten todas as medidas necesarias para que “poida celebrarse esa recepción dun xeito presencial pero sempre de forma segura”. En ambos casos, o tradicional buzón estará habilitado para achegar as cartas dos cativos.

Artigos relacionados

Back to top button