O Concello da Rúa non contempla celebrar este ano a coñecida Bacofesta. Esta drástica decisión responde a criterios sanitarios e busca garantir unha maior seguridade entre os cidadáns nun contexto de crise sanitaria provocada pola Covid-19, segundo indicou o concelleiro de Cultura, José Vicente Solarat.
A suspensión desta cita, que evocaba o pasado romano e a tradición vitivinícola das vilas de A Rúa e Petín, engádese á cancelación das festas do Barrio de San Roque (tamén no concello rués) polos mesmos motivos. Deste xeito, a Área Recreativa do Aguillón terá que esperar polo menos un ano máis para volver a ser escenario de lexionarios, deuses e patricios.