DeportesÚltima hora

A Rúa recuperará a súa Milla Urbana Nocturna o 4 de agosto

Participantes da Milla Nocturna na Rúa no 2019, o último ano no que se celebraba./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Dende o Club Atletismo Rúa vén de anunciarse que, dentro dun mes, o vindeiro 4 de agosto esta vila recuperará a súa Milla Urbana Nocturna, que deste xeito chegará á súa sétima edición. Esta competición, que se celebraba por última vez en agosto de 2019, terá como escenario nesta ocasión a rúa Miguel de Cervanetes da vila

A proba está pensada para o atletismo base e e popular de Valdeorras e A Rua, adianta o club promotor do evento, destacando a importancia de pode retomalo. “Grazas ao Concello da Rúa por apoiarnos e recuperar este evento que estará englobado dentro do Programa dá Festas de Veran da Rua”, aseguran dende o Club Atletismo Rúa. Tamén adiantan que, en breve, “poñeremos regulamento, horarios e colaboradores e os patrocinadores que estarán”.

Artigos relacionados

Back to top button