SanidadeÚltima hora

A Rúa reivindica, un luns máis, unha “primaria digna”

Neste mediodía de luns 8 de xullo o exterior do Centro de Saúde da Rúa volvía acoller unha nova concentración durante cinco minutos. Veciños e persoal sanitario xuntábanse, unha vez máis, para reivindicar unha atención “primaria digna”, á que tamén suman a petición dun novo centro de saúde para este concello valdeorrés.

A Rúa leva realizando esta acción reivindicativa dende o mes de febreiro, cando lanzaba esta convocatoria a Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC). Con estas concentracións preténdese “defender xuntos os dereitos a túa saúde que diminúen os recortes en Atención Primaria”.
Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button