CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O Divina Pastora do Barco, entre os centros que participan na 40ª edición do Concurso da Constitución

O xurado reuniuse para escoller aos 20 gañadores, que recibirán o seu premio nun acto organizado pola Subdelegación do Goberno que se celebrará no Auditorio Municipal o 6 de decembro

 

A Subdelegación do Goberno en Ourense, acollía na mañá deste xoves 21 de novembro a reunión do xurado cualificador dos traballos presentados á 40 edición do Concurso da Constitución, que organiza esta institución para conmemorar o 46 aniversario da súa vixencia.

Aberto ao alumnado de todos os niveis educativos, nesta ocasión os traballos debían versar sobre o artigo 47: “Todos os españois teñen dereito a gozar dunha vivenda digna e axeitada”. Así, máis de 1.700 estudantes de centros públicos e privados de toda a provincia presentaron as súas creacións nesta edición. Os alumnos de educación infantil, primaria e educación especial presentaron 1.510 traballos e os de ESO, Bacharelato, Formación Profesional e da Universidade Vigo, 209.

Entre os centros educativos que entregaron os seus traballos nesta edición atópanse os CEIP de Seixalbo, A Ponte, Os Blancos e Viana do Bolo, o Divina Pastora do Barco e os Colexios Maristas, A Purísima, Mestre Vide, Padre Feijóo Zorelle, Carmelitas, Franciscanas, Santo Ángel de Ourense e o CPR María Inmaculada de Verín.

 

 

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, aproveitou para destacar “a participación excepcional desta edición. Estamos encantados de que o alumnado se anime deste xeito a realizar traballos sobre un tema como é a nosa Constitución, que é a norma fundamental do Estado. Ademais, abordando un tema tan concreto e de actualidade como é o da vivenda, xa que hai moitas cousas por facer para que este dereito sexa realmente universal”, dixo.

O xurado que se reuniu hoxe para analizar tódolos traballos estivo presidido polo subdelegado e formado polo secretario xeral da Subdelegación, Manuel Arias; a concelleira de educación do Concello de Ourense, Tamara Silva; a inspectora de Educación da Xunta de Galicia, Laura Pérez; o subdirector EASD Antonio Failde, Miguel Álvarez; e Jorge Pumar e Uxía Oviedo, en representación do Partido Popular e o Partido Socialista, respectivamente.

Valorando a orixinalidade e creatividade das creacións e a súa calidade artística, escolleron os 20 traballos premiados, 10 para a categoría inferior e 10 para a superior.

Os premios será entregados no transcurso dun acto institucional, que se celebrará no Auditorio Municipal de Ourense o vindeiro día 6 de decembro ás 12 horas. No mesmo, premiados, participantes, familias e responsables institucionais danse cita para conmemorar un ano máis o Día da Constitución.

Artigos relacionados

Back to top button