En portadaÚltima hora

A Rúa rexistra hoxe 33 casos activos de Covid, 3 menos que o sábado

Vista parcial da Rúa dende o encoro de San Martiño. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Chegan boas novas dende o Concello da Rúa, onde parece que os casos activos de Covid-19 deixaron de aumentar. De feito, tal como asegura o alcalde Álvaro Fernández, segundo os datos facilitados dende a Consellería de Sanidade o número de positivos na xornada deste luns 30 de novembro é de 33, o que supón tres menos que os rexistrados o sábado.

Compre lembrar que segundo o Sergas, 29 deses casos foron diagnosticados por PDIA (Probas Diagnósticas de Infección Activa) nos últimos 14 días, cunha incidencia acumulada para o concello de >250. Con estes datos, o municipio valdeorrés segue en “observación especial” por parte do Comité Clínico que contra a evolución epidemiolóxica en Galicia.

 

Artigos relacionados

Back to top button