SanidadeÚltima hora

A Rúa segue concentrándose en defensa dunha “Primaria digna”

Este acto tiña lugar un luns máis ao mediodía cun parón de cinco minutos no exterior do Centro de Saúde da vila

Pasan as semanas e os meses, pero mantense a reivindicación. Un luns máis, e xa van trece consecutivos, veciños e persoal sanitario da Rúa concentrábase no mediodía deste 29 de abril durante cinco minutos no exterior do seu Centro de Saúde para demandar unha “Atención Primaria digna”.

Este acto reivindicativo, convocado dende a Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC), comezaba a realizarse no primeiro luns de febreiro. Dende entón o centro de saúde rues mantén estas concentracións coas que se pretende “defender xuntos os dereitos a túa saúde que diminúen os recortes en Atención Primaria”.

Artigos relacionados

Back to top button