EconomíaEconomíaÚltima hora

A Rúa suspende a súa feira mensual pola situación sanitaria

"Unicamente poderán poñer os seus postos os pulpeiros que estean asociados a outra actividade, xa que se entende que é un servizo do propio local", segundo o Concello

Imaxe da feira mensual da Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Tendo e conta a situación sanitaria actual, dende o Concello da Rúa ven de anunciarse a suspensión da feira do mes neste municipio. “Este próximo sábado, 7 de novembro, non se celebrará a feira mensual. Esta medida responde á necesidade de agardar ata constatar que a situación sexa estable e o número de casos activos por Covid-19 diminúa. Nese momento, poderá levarse a cabo a feira en condicións óptimas para os comerciantes así como para os veciños que acoden á mesma, sempre adoptando todas as medidas de prevención necesarias”, tal e como se sinala dende a administración local, que xa cancelara este mercado no pasado mes de outubro.

Así mesmo o Concello da Rúa matiza que “este sábado unicamente poderán poñer os seus postos os pulpeiros que estean asociados a outra actividade, xa que se entende que é un servizo do propio local. Recalcamos a importancia de cumprir con todas as medidas de protección e prevención establecidas polas autoridades sanitarias”.

Artigos relacionados

Back to top button