A RúaConcellosÚltima hora

A Rúa ten 8 casos activos no Sistema de Seguimento Integral nos casos de Violencia de Xénero

Así se poñía de manifesto na Xunta de Seguridade Local celebraba esta mañá no Concello

O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, e o alcalde de A Rúa, Álvaro Fernández, copresidían esta mañá a reunión da Xunta Local de Seguridade, na que se realizou unha análise e valoración da seguridade cidadá, así como dos datos de violencia de xénero no concello.

En primeiro lugar, o subdelegado do Goberno quixo agradecer o traballo e o esforzo das forzas e corpos de seguridade para garantir a seguridade cidadá. Emilio González incidiu na importancia de manter a excelente coordinación existente entre todos os corpos, que deu lugar ao establecemento de dispositivos conxuntos entre a Garda Civil e a Policía Local.

Emilio González sinalou que “o índice de criminalidade en A Rúa mantense en niveis baixos, o que fai deste un concello seguro en relación a municipios de poboación similar”. ANo tocante á seguridade cidadá, o subdelegado do Goberno destacou a tendencia á baixa que presentan os datos correspondentes aos delitos graves e menos graves contra o patrimonio, ao igual que os delitos graves e menos graves contra as persoas no concello de A Rúa.

 

 

En canto aos datos presentados pola Unidade contra a Violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno, actualmente no concello de A Rúa hai oito casos activos no Sistema de Seguimento Integral nos casos de Violencia de Xénero (Sistema VioGén). Dous deles presentan risco alto, un risco medio, dous risco baixo e tres risco non apreciado. Todos eles contan con medidas xudiciais de prohibición de aproximación e comunicación a excepción de un debido a que é recente e todavía non ten medidas cautelares impostas.

 

 

Acerca do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e nas súas contornas informouse de que se están a retomar de xeito máis intenso as actividades formativas e preventivas nos centros escolares do municipio por parte dos equipos especializados das Forzas e Corpos de Seguridade sobre o uso das novas tecnoloxías, acoso escolar, violencia de xénero e prevención de condutas aditivas, entre outras temáticas.

Así mesmo, continuarase cos dispositivos de vixilancia nas inmediacións dos centros educativos para previr o tráfico, consumo e tenencia de drogas, así como todo tipo de condutas violentas.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button