A RúaConcellosÚltima horaVídeos

A Rúa Vella pecha a Semana Santa coa procesión do Resucitado

 

Despois dunha semana de loito, nas que se reviviu a paixón e morte de Cristo, o Domingo de Pascua, 16 de abril, celebrouse un dos momentos máis esperados polos devotos: o encontro entre a Virxe e o seu fillo, resucitado.

 

 

Na parroquia de  Santo Estevo (A Rúa), o acto comezaba ás 12 horas. Nese momento a imaxe de Cristo resucitado saía da igrexa seguida polos homes. De contado saía a imaxe da Virxe coas mulleres detrás, xuntándose no adro. Aí mentres os homes mantiñan a imaxe de Cristo en alto, as mulleres cambiban o manto negro da Virxe polo dourado, para celebrar o encontro co seu fillo resucitado, ao tempo que dúas nenas lle recitaban uns poemas. Despois, todos xuntos regresaban ao interior da igrexa para celebrar a misa de Resurrección.

 

 

Con este sinxelo pero emotivo acto no mediodía deste Domingo de Pascua, 9 de abril, poñíase o broche á Semana Santa nesta parroquia ruesa.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button