Agora si. Na tarde deste domingo 8 de xaneiro a programación de Nadal na Rúa baixaba o pano da man de A Ruada.
Tras máis de dous anos de parón por culpa da pandemia, a agrupación de teatro local subíase novamente ao escenario do Centro Cultural Avenida para facer rir aos seus venciños. E facíao cunha das súas últimas obras, O Cantar do Estudante “baseada, cuns pequenos arranxos, na obra Cantar dos Cantares de Eduardo Blanco Amor”, tal como adiantaba un dos actores na presentación.
Unha delirante historia que pasa por “deixar atrás aqueles tempos antigos onde, a quen se lle ocorre traducir a Biblia á nosa lingua… Un caos detrás doutro para os protagonistas, por andar lendo e intentar entender algo do que antes non entendía ninguén, os libros en latín”, aseguraba o cura, un dos personaxes, interpretado por Manuel Martínez, dando paso á representación que coma sempre provocou sonoras gargalladas e aplausos.
Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.