CulturaCulturaÚltima horaVídeos

A Ruada volve ao Centro Cultural Avenida da Rúa coa obra de teatro ‘O anel máxico’

 

Tarde de teatro no Centro Cultural Avenida dqa Rúa. Neste domingo 22 de decembro, día do sorte extraordinario de Nadal, o grupo de teatro A Ruada volvía a subirse ao escenario para dar abrir a semana grande das festas coa obra O anel máxico.

 

 

A comedia, coa que fixeron pasar un bo rato ao público, xira en torno á figura de Arlecchino, que desesperado pola suposta traición da súa muller decide suicidarse. Mais, de súpeto, un ser misterioso, animándoo, ponde un anel máxico co que esquecerá todo o seu pasado, incluída a súa pena. Isto traeralle moitas vantaxes pero tamén moitos equívocos, que serán como a salsa da vida, pasando polo escenario todo tipo de personaxes…

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button