PolíticaÚltima hora

A ruesa María Albert, nunha xornada do BNG en Pantón sobre a Lei de Montes Veciñais en Man Común

A deputada do BNG no Parlamento galego, María Albert.

 

O BNG de Pantón organizará mañá sábado 9 de abril dúas mesas redondas sobre as novidades da Lei de Montes Veciñais en Man Común. Entre os ponentes estará a deputada valdeorresa do BNG no Parlamento galego, María G. Albert. Ademais intervirá a tamén parlamentaria galega Carme Aira e a concelleira do BNG de Pantón, Rosa Ana Prieto, que exercerá de presentadora.

O obxectivo desta iniciativa é “dar a coñecer a actual situación do medio rural, as posibilidades e os cambios lexislativos aprobados polo goberno galego. Unha cuestión que, a xuízo do BNG, “afecta de maneira directa á poboación que habita o rural”, tal e como explica Rosa Ana Prieto.

Dende o BNG de Pantón consideran que “é importante que as persoas afectadas teñamos a información en tempo e forma por iso facemos dous actos, para achegar á persoas o coñecemento sobre as políticas que nos afectan, e analizar que podemos ou non facer”.

A participación é aberta a todos os públicos. A primeira das mesas redondas terá lugar ás 17h. no Local Social Santa Mariña de Eiré e, posteriormente, ás 19:30h. terá lugar outra no Local Social de Acedre.

 

Artigos relacionados

Back to top button