ConcellosÚltima hora

A Ruta de Bodegas de Petín cumpre 10 anos cunha alta participación e moita animación

 

Pechando o mes de agosto e tamén o “circuíto” de rutas que se espallan por toda a comarca, a Ruta de Bodegas de Petín celebraba na tarde e noite do sábado 29 de agosto a X edición con centos de persoas que coma sempre concentrábanse na rúa Santiago, para logo despregarse por diferentes puntos da localidade.

 

 

Os centos de participantes (a organización poñía á venda 800 entradas) iniciaban cunca en man un percorrido polas adegas que abrían as portas para desfrutar dos seus viños e tamén de petiscos entre os que non faltaba a tradicional panceta asada acompañada de pan; e tamén do seu interior xa que algunhas destas adegas son auténticos museos con singulares obxectos, algúns relacionados co mundo do viño e outros non. Ademais, por 12 euros vendían unhas orixinais camisetas promocionando Petín.

 

 

Nesta cita, promovida pola Asociación Fonte Grande en colaboración co Concello de Petín, tampouco faltou a música, ao longo do percorrido e tamén ao rematar, na praza.

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button