EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A Ruta do Viño de Valdeorras organizará o curso de cata “De tal uva tal viño”, o 25 de setembro

Foto: Carlos G. Hervella.

 

Achegar os principais conceptos organolépticos e enolóxicos para a elaboración de viños. Este é o obxectivo da nova acción formativa que promoverá a Ruta do Viño de Valdeorras. Está prevista para o vindeiro 25 de setembro baixo o título “Curso de Cata: De tal uva tal viño”. Terá unha duración de 6 horas e será impartido en xornada partida, de mañá (11’00 a 14’00) e de tarde (16’30-20’30) no Hotel A Calzada (Vilamartín).

“Dado que nos atoparemos en plena actividade de vendima, isto facilitaranos ter uvas, mostos e viños para a súa análise e obter os datos necesarios para realizar o proxecto teórico do perfil de viño a elaborar”, explican dende a Ruta do Viño de Valdeorras.

O curso constará de dous apartados. A cata de uvas, mostos e viños brancos da D.O. Valdeorras: godello, jerez, dona branca, treixadura… e a cata de uvas e viños tintos desta mesma denominación: mencía, garnacha tintorera, sousón, brancellao… Entre os viños da cata estarán gañadores na XXI Cata Oficial dos viños de Valdeorras, celebrada o pasado xullo.

“Como na edicción anterior contamos como novidade a posibilidade de realizar na xornada do día 26 de setembro en horario de (11’00-14’00) a visita aos lagares rupestres de Larouco, a contorna da Falcoeira e Cova dá Xabreira”, adianta a organización.

A actividade, que será dirixida polo director técnico do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, Jorge Mazaira, terá un aforo limitado para poder garantir as medidas de seguridade de protocolo Covid-19. O custo de participación é de 28€ por persoa, e este importe será devolto integramente no caso de que o curso non puidese impartirse.

Para poder participar é necesario reservar a través do número 604 07 87 53, ou enviar un mail a info@rutadelvinovaldeorras.com

 

Artigos relacionados

Back to top button