EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A Ruta do Viño de Valdeorras promocionarase en Fitur 2019

O seu presidente, Joaquín Sánchez, asistirá ás xornadas profesionais “Paseando entre Viñedos: Enoturismo En Galicia”, o 23 de xaneiro no stand de Galicia nesta mostra de turismo internacional
Imaxe do tríptico promocional que a Ruta do Viño de Valdeorras presentará en Fitur.

 

Con motivo da celebración da Feira Internacional de Turismo, Fitur, que este ano cumpre a súa 39ª edición, a Asociación Ruta do Viño de Valdeorras trasládase a Madrid para participar no primeiro encontro de profesionais do turismo que se celebra este 2019.

O presidente desta entidade valdeorresa, Joaquín Sánchez, xa está en Madrid para asistir ás xornadas dirixidas a profesionais que organiza a Consellería de Cultura e Turismo e que, baixo o título “Paseando entre Viñedos: Enoturismo En Galicia”, terán lugar o día 23 de xaneiro no Stand de Galicia en Fitur 2019.

Deste xeito a Ruta do Viño de Valdeorras acude a Fitur, xunto coas demais Rutas do Viño de Galicia, ao abeiro da Axencia Galega de Turismo e do Clúster de Turismo de Galicia, con quen compartirá stand no recinto feiral. “Para promocionar a Ruta entre los visitantes elaborouse un folleto ilustrado con fotos, no que tamén se inserta un mapa ubicando a comarca e a relación de establecimientos e institucións integrados na Asociación Ruta do Viño de Valdeorras”, tal e como indican dende esta entidade, que tamén fai un chamamento ás empresas relacionadas co enoturismo para que se adhiran á Ruta.

Artigos relacionados

Back to top button