Na xornada do sábado 29 de abril a localidade bolesa de Celavente vivía a edición máis numerosa da Ruta dos Fornos organizada pola Asociación Centro de Animación Rural. Unha exitosa actividade que reunía a 850 persoas en torno aos seis fornos comunais cos que conta a aldea e unha adega, distribuídos ao longo duns 4,6 quilómetros que eran seguidos dende o aire pola Unidade Operativa de Drons.
Xunto á organización e os veciños, nesta XIII edición da Ruta dos Fornos colaboraron voluntarios de Protección Civil das agrupacións de O Bolo, A Pobra de Trives e Viana do Bolo.
Foto e vídeo cedidos por Protección Civil de O Bolo.