En portadaÚltima hora

A seca e as súas consecuencias, abordada na edición en papel do Periódico O SIL de xuño

 

Dende primeiros de xuño xa pode atoparse en quioscos e librarías a edición en papel deste mes do Periódico O SIL, cuxo tema de portada está centrado na situación de seca que se está a vivir ás portas do verán na conca do Miño-Sil e que vén motivada pola falta de precipitacións no inverno e no que vai de primavera, especialmente en comarcas como Valdeorras ou Viana.

A reserva hidráulica total encorada da conca do Miño-Sil estaba ao rematar maio ao 54,6% da súa capacidade, fronte ao 70,4% do pasado ano ou ao 76,9% da medida dos últimos cinco anos. Nesta reportaxe tamén se abordan os efectos que xa está a ter en sectores económicos como o da gandería, entre outros.

 

Artigos relacionados

Back to top button