ConcellosEn portadaGalerías de fotosParada de SilÚltima horaVídeos

A tradición da pisa da castaña seca reúne a numerosas persoas en Purdeus (Parada de Sil)

Esta localidade celebra a X Festa da Pisa neste 18 de novembro cun programa que inclúe un mercado de produtos locais e un xantar popular

 

A tradición da pisa da castaña convértese en festa cada outono en Purdeus-Chandrexa (Parada de Sil). Esta localidade acolle dende hai xa unha década a Festa da Pisa da Castaña cunha notable participación de público. Neste sábado 18 de novembro esa a desenvolver a décima edición desta celebración, que comezaba comezaba arredor das 11:30h. co traslado dos sacos de castañas dende o sequeiro ata o lugar da pisa.

Unha vez alí, comezaba este labor propiamente dito. Os sacos eran golpeados sobre un tallo de madeira por grupos de catro persoas que se ían alternando. A participación estaba aberta a veciños e visitantes. A medida que se pisaban, os sacos baleirábanse para proceder ao abandoxado, co fin de sacarlles a segunda pel ás castañas que, unha vez limpas, eran depositadas en cestos para ser degustadas.

 

 

O alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, daba a benvida aos asitentes, entre os que estaban os rexedores de Manzaneda e Montederramo, ademais do xefe territorial de Medio Rural na provincia de Ourense.

 

 

A festa da pisa rescata un traballo tradicional que décadas atrás reportaba alimento para unha boa parte do ano. Ademais da recreación da pisa, o programa da festa incluía un mercado tradicional de produtos locais con postos de viños de varias adegas, de licor café e cervexa artesá, queixos, varios tipos de cremas de castañas… Esta festa estaba animada pola actuación do grupo tradicional Os Trabazos de Castro Caldelas.

Polas dúas da tarde comezaba o xantar popular da festa coa asistencia duns 250 comensais. O menú incluía empanada de carne, pulpo á feira, carne ao caldeiro e flan de castaña, acompañados de viños da D.O. Ribeira Sacra.

Fotos: Carlos G. Hervella, agás as seis primeiras da galería que son cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button