En portadaÚltima hora

O calendario de sobremesa do Periódico O SIL, nos quioscos e librerías

Se non é subscritor e aínda non o ten, non quede sen el

 

Dende medidados de decembro xa está nos quioscos e librerías o calendario de sobremesa do Periódico O SIL. Edítase como un agradecemento á fidelidade e ao apoio dos nosos subscritores, que o recibían gratis co Especial Nadal de 2023.

Aquelas persoas que non sexan subscritoras do Periódico O Sil teñen a posibilidade de adquirir este calendario do 2024 nos quioscos e librerías por un prezo de 4 euros.

Os subscritores constitúen un dos piares que fan posible que, malia ás difíciles condicións dos últimos anos, e que se manteñen ata hoxe, esta cabeceira continúe viva e poñendo cada mes na rúa unha nova edición dos periódicos en papel O Sil e O Sil Deportivo, así como multitude de especiais; e o periódico dixital que se actualiza de forma continua (www.osil.info). O custo anual dunha subscrición é de 50 euros.

Artigos relacionados

Back to top button