Un ano máis a protectora Peludines Callejeros de Valdeorras edita o seu calendario solidario no que cada mes acompáñase da imaxe dun can e tamén algún gato, que busca familia de acollida.
O seu custo é de 10 euros e xa está á venda na clínica veterinaria Valcan, Boutique de Mussa e Anpema.