OurenseÚltima hora

A segunda edición do “Trail do Xurés” celebrarase o vindeiro sábado 25 de setembro en Muíños

Presentación da segunda edición do Trail do Xurés.

 

O vindeiro sábado, 25 de setembro, a partir das 16:30 horas, disputarase segunda edición do “Trail do Xurés”, que se disputará no termo municipal de Muíños.

A presentación do evento deportivo tiña lugar no Pazo Provincial, bub acto no que participou o alcalde de Muíños, Plácido Álvarez; e a directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro; e o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, quen explicou que o “Trail do Xurés” forma parte do “ecosistema de turismo deportivo que estamos a poñer en valor desde hai tempo asistindo, nestes últimos tempos, case a proba por semana como a “Arnoia Termal Bike”, a marcha cicloturista pola Ribeira Sacra, a Volta Ciclista Feminina a España e, en definitiva, seguimos con esa aposta desde o goberno provincial e nesta ocasión en Muíños que é unha das postais da provincia de Ourense e de Galicia, con ese Complexo Turístico do Corgo, que desde a Deputación temos o compromiso de continuar a impulsar porque poucos lugares hai en Galicia tan fermosos e que se adapten tanto a esa idea que temos de turismo deportivo”, explicou o presidente da Deputación de Ourense.

 

 

O percorrido desta proba, organizada polo Inorde coa colaboración da Axencia de Turismo de Galicia, será de 17 quilómetros cun desnivel aproximado de 600 metros que levará “aos 200 participantes a coñecer lugares emblemáticos e de gran beleza de Muíños e da nosa comarca, así como os nosos produtos o que nos axuda a tratar de frear, na medida posible, a despoboación galopante dos concellos rurais”, sinalou o alcalde de Muíños, quen agradeceu, unha vez máis, a colaboración do presidente da Deputación de Ourense, nesta ocasión a través do Inorde, e da Xunta de Galicia, para desenvolver esta proba porque “así é como se fai provincia achegándonos aos concellos que están máis afastados da capital”.

Pola súa parte, Nava Castro dixo que o “Trail do Xurés” é “outra das probas que forma parte do convenio de colaboración asinado entre o Inorde e a Turismo de Galicia para realizar ao longo do ano diferentes eventos que contribúan a promocionar o potencial turístico da nosa provincia a través do deporte e supoñan un pulo para os sectores económicos de proximidade”.

Para a directora da Axencia de Turismo de Galicia, este tipo de probas contribúen a que a provincia de Ourense “continúe a gañar enteiros como un destino turístico completo, con atractivos que o converten nun destino turístico diferenciado e exclusivo”.

Artigos relacionados

Back to top button