ConcellosÚltima hora

A Seguridade Social pecha a atención ao público presencial nas súas oficinas

É outra das medidas tomadas para facer fronte ao coronavirus

Exterior da oficina do Instituto Nacional da Seguridade Social no Barco.

 

Debido á pandemia de COVID-19, o Ministerio de Inclusión, Seguridade
Social e Migracións ordenou pechar o servizo de atención ao público
presencial nas súas oficinas do Instituto Nacional da Seguridade Social
(INSS) e da Tesourería Xeral da Seguridade Social (TGSS), a partir
de mañá luns16 de marzo.

Con esta medida de carácter extraordinario, “preténdese cumprir coas
recomendacións das autoridades sanitarias por motivos de saúde pública e evitar así os desprazamentos e o contacto presencial ao máximo posible”.

Os cidadáns teñen a posibilidade de realizar os trámites urxentes que
non poidan posporse a través dos instrumentos telemáticos da
Sede Electrónica, do Sistema Rede e do Rexistro Electrónico, así como chamando
aos teléfonos: 901 166 565 (INSS) e 901 502 050 (TGSS).

Os centros manteranse operativos a porta pechada, co fin de garantir o funcionamento unicamente dos servizos indispensables.

Artigos relacionados

Back to top button