Sétima posición para a Selección Galega Sub20 feminino de campo a través que disputaba na mañá deste domingo 30 de xaneiro en Xaén o Campionato de España por Federacións nesta modalidade. O conxunto galego, do que forma parte a atleta valdeorresa Inés Docampo (Club Adas), sumaba un total de 132 puntos, nunha competición na que se impoñía a selección de Cataluña.
Fotos: FGA.