SanidadeÚltima hora

“A situación sanitaria nas comarcas evoluciona cara a estabilidade ou o descenso”

O xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco valora o momento actual desta quinta vaga de Covid na provincia

O xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco, Félix Rubial.

 

Descenden os casos activos de Covid na provincia, pero medran os ingresos nos hospitais de Valdeorras e de Verín, así como as hospitalizacións en UCI. O xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco, Félix Ruibal, valora o momento sanitario actual nesta quinta vaga na provincia e tamén alerta de que os pacientes en UCI poderían seguir subindo.

“Dende que o pasado día 25 de xullo acadaramos o pico desta quinta vaga, tense producido un descenso paulatino no número de casos activos ata chegar aos 1.763 que temos no día de hoxe na provincia, o que representa unha caída xa do 25% dende ese día. Esta baixada fundaméntase esencialmente na gran caída experimentada polo Concello de Ourense, que os reduciu no mesmo período un 40% ata chegar aos 783 casos de hoxe”, asegura Ruibal.

Ademais o xerente da área sanitaria ourensá indica que a situación nas comarcas “evoluciona de xeito, non necesariamente paralelo, pero si temos que dicir que a día de hoxe parece a situación parece en trámite de ter acadado o pico en todas elas, incluída Monterrei que era a que estaba nunha situación máis complicada nos últimos días. Todas elas evolucionan cara a estabilidade ou en franco descenso, e agardamos que nos próximos días estas cifras se sigan consolidando a expensas dos resultados que nos aportan as proxeccións matemáticas”.

Paralelamente, explica Rubia, “tense producido unha estabilización no número de casos en hospitalización no Hospital Universitario de Ourense, con 30 a día de hoxe, pero tamén, hai a un incremento de número de casos activos en Valdeorras e en Verín, con posterioridade ao producido no Distrito de Ourense, entón si temos xa un número significativo de persoas hospitalizadas nos dous comarcais, en concreto, 6 no de Verín e 5 no de Valdeorras”.

Con respecto os ingresos en UCI, a tendencia podería empeorar. “A situación non segue unha evolución tan favorable no que respecta a pacientes en UCI, temos neste momentos 6 persoas na UCI cunha idade media baixa e que reflicten o feito de que o número de casos máis graves vai con certa decalaxe ao aumento da hospitalización e, por suposto, con decalaxe ao aumento de número de casos activos, polo que non sería de extrañar que nos vindeiros días aínda tivesemos unha cifra máis elevada no número de pacientes en hospitalización intensiva”.

Artigos relacionados

Back to top button