DeportesPescaÚltima hora

A Sociedade de Pesca Fluvial Valdeorras presenta o calendario de probas para esta tempada

O colectivo de pesca valdeorrés conta este ano co patrocinio de Iberdrola

 

O vindeiro domingo 20 de marzo abrirase o período hábil para a práctica da pesca e como cada ano (a excepción dos marcados pola pandemia), unha semana antes a directiva da Sociedade de Pesca Fluvial Valdeorras celebraba unha xuntanza para presentar aos socios as novidades da normativa para esta tempada; as novidades do club; e o calendario de actividades, entre outros temas.

Con respecto ás normas que afectan directamente aos membros das sociedade, hai masas vedadas no Río Cenza (Manzaneda), no Río Conso (Chandrexa de Queixa), no Río  Ribeira Grande (Chandrexa de Queixa e Vilariño de Conso), no Río Ribeira Pequena (Vilariño de Conso), no Río Sil (Rubiá) e no Río Xares (A Veiga).

 

Juan José Lopera amosa as novas camisetas da SPFV.

 

No caso concreto do Río Sil, segundo a normativa “autorízase a pesca de ciprínidos e perca americana común durante todo o ano no tramo comprendido entre a Ponte de San Fernando e a depuradora, no concello do Barco de Valdeorras, nunha lonxitude aproximada de 2,5 km. Os tramos libres de pesca sen morte neste río son: a desembocadura do regueiro de Candís e a Ponte de San Fernando, ámbolos dous no Barco.

No que atinxe ao calendario galego de competicións para este ano 2022, o selectivo da SPFV celebrarase en dúas xornadas no encoro de San Martiño, na Rúa: o 8 e o 29 de maio.

Na reunión, celebrada este domingo 13 de marzo na sala multiusos do Condello da Rúa, a directiva da Sociedade de Pesca Fluvial Valdeorras tamén informaba aos socios de que este ano contarán co patrocinio de Iberdrola.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button