CulturaCulturaMúsica

A solidariedade coa Pegada Verde vencía ao temporal en San Xoán de Río

A gala musical de Nadal xuntou medio cento de persoas a pesar das condicións meteorolóxicas

 

Cunha ampla participación de artistas locais celebrábase na tarde do 21 de decembro a gala solidaria “Pegada Verde” en San Xoán de Río. Medio cento de persoas acudían a este evento, retando así á borrasca Fabien. No decurso da gala recollíanse centos de quilos de penso que foron donados  a esta entidade protectora dos animais na comarca das Terras de Trives.

A gala, organizada por Berta, iniciábase da man artista local Melin. Despois viñan unha serie de actuacións ao longo de 90 minutos coa participación de Ari, Miki, Isabel, Vanesa e Antia. Aproveitouse tamén a gala para presentar aos 3 gaiteiros máis avanzados da escola de gaitas creada este ano polo Concello.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button