OurenseÚltima horaVídeos

A Subdelegación do Goberno en Ourense conmemora o Día da Muller reivindicando a igualdade de xénero nun mundo “dixital inclusivo”

 

A Subdelegación do Goberno en Ourense conmemorou hoxe a celebración do Día Internacional da Muller Traballadora cun acto institucional aberto a todos os veciños de Ourense na entrada da subdelegación baixo o lema: “Igualdade de xénero: por un mundo dixital inclusivo” coa finalidade de denunciar as desigualdades sociais e económicas consecuencia da fenda dixital de xénero e as violencias machistas que se dan no mundo dixital. No acto, deuse lectura do manifesto por parte do Subdelegado, a xefa da unidade de Viogen, Alida Iglesias, o secretario xeral da Subdelegación, Manuel Arias, e as traballadoras e traballadores da institución.

O Subdelegado, Emilio González, reiterou o compromiso do Goberno de Pedro Sánchez coa igualdade real e efectiva entre mulleres e homes. Destacou que estamos ante o Goberno máis feminista da historia da democracia que se compromete nas súas accións e reivindicacións tal e como fixo onte coa aprobación onte no Consello de Ministros do anteproxecto da Lei de representación paritaria de mulleres en homes en órganos de decisión. Ademais, dende o Goberno tomáronse medidas sen precedentes en materia de igualdade como o equiparamento dos permisos de maternidade e paternidade, o Salario Mínimo Interprofesional, que contribúe a corrixir a fenda salarial entre homes e mulleres, unha das desigualdades estruturais do mercado laboral.

 

 

González advertiu de que “as mulleres hoxe enfróntanse ao aumento rexistrado en materia de violencia de xénero” – na provincia de Ourense hai activos 397 casos de violencia de xénero. Así como, a un “incremento do traballo de coidados non remunerados e a unha maior taxa de desemprego”. Así mesmo, o subdelegado reiterou “o compromiso do Goberno de España coa igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, así como coa erradicación de todas as formas de discriminación que padecen as mulleres, garantindo una aposta lexislativa firme para construír unha sociedade paritaria e participativa”.

Ademais da lectura do manifesto o acto contou coa participación e implicación das nenas e nenos do instituto público As Lagoas de Ourense onde o alumnado de terceiro da ESO realiza unha escenificación titulada “Si hubieran hablado” que pon en valor a importancia da educación en igualdade. Por último, a mesmo alumnado realizaron unha interpretación musical da canción Negra Sombra da artista feminina Luz Casal.

Ao longo de toda a semana a Subdelegación continuará involucrada na realización de diferentes accións que concluirán o venres 10 de marzo ás 11 horas co desenvolvemento dunha xornada sobre “actuacións da Inspección de Traballo en aras da Igualdade Laboral”

Artigos relacionados

Back to top button