ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

A Tahona Regalado, no Barco, xa conta coa segunda Estrela Dir da panadería española

É unha distinción outorgada pola plataforma Panatics (Pan de Calidade) que recoñece os mellores pans de España

 

En novembro de 2021 descubrimos que un pan feito no Barco de Valdeorras estaba entre os mellores de toda España. Trátase do que Gustavo elabora na Tahona Regalado e que era finalista da Ruta del Buen Pan da Comunidade de Galicia 2021 e gañador dunha Estrela Dir Informática da Panadería Española. Así o consideraba Panatics (Pan de Calidad), unha plataforma que engloba a profesionais e asociacións que traballan co obxectivo de “facer pan de calidade e posicionar este produto no lugar que se merece” que no ano 2017 decidía poñer en marcha a Ruta del Buen Pan, percorrendo as diferentes comunidades autónomas na procura dos 80 panadeiros Top de España, é dicir aqueles que elaboran no seu  obradoiro “un bo pan artesán, que sabe presentalo en tenda e que ten un bo trato co cliente”.

 

Gustavo Regalado cos seus fillos, Marta e Iván.

 

Un ano despois o pan que Gustavo Regalado fai con mimo, dedicación e calidade, segue estando entre os “Top” que obtiveron as mellores valoracións dentro da Ruta Española del Buen Pan 2022. E por iso, o pasado 14 de novembro recollía en Valencia, no marco da feria Gastrónoma en Feria Valencia, a súa segunda Estrela Dir.

Foi unha tarde de grandes emocións, nervios e gratitude polo traballo realizado, o vivido na entrega das Estrelas Dir Informática da Panadería a nivel nacional, un “merecido recoñecemento aos panadeiros que quedaron clasificados ao longo das dezasete rutas, unha por cada comunidade autónoma”, explican dende a organización.

 

A segunda Estrela Dir de Gustavo Regalado.

 

Tal como incidan dende Panatics, máis de 1.500 panadeiros participaron na V edición da ruta que conta cada ano cunha maior resposta por parte do sector e fai un percorrido por toda España que ten como obxectivo visibilizar un produto de calidade como é o pan e revalorizar o oficio de panadeiro. “Este proxecto resúmese en meses de traballo, moitos quilómetros e tamén visitas anónimas ás panaderías que formaron parte da, así como a avaliación dun xurado en cada cata, escoitar todas as opinións, buscar información e a gran dificultade, valorar innumerables pans diferentes, excelentes especialidades que se poden atopar no noso país foron as accións levadas a cabo”, din, engadindo que pon de relevo a gran calidade do pan artesán que se elabora en España debido, en gran parte, aos panaderos que cada día incorporan novas tendencias, como as longas fermentacións, masa nai para elaborar un produto de calidade.

 

O pan presentado por Gustavo Regalado.

 

Gustavo Regalado é un claro exemplo, demostrando que o sacrificio a innovación e tamén o cariño co que elabora o pan ten a súa recompensa. Non só na fidelización da clientela senón en premios como a Estrela Dir, o equivalente á Estrela Michelín no apartado gastronómico, que garantiza a calidade do pan. E el xa ten dúas.

Neste enlace pode verse a Gustavo recollendo a Estrela Dir en Valencia https://youtube.com/shorts/q4-Void-g9A?feature=share

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button