ConcellosÚltima hora

“A tarde” da Radio Galega, en Parada de Sil

O programa radiofónico do 5 de xaneiro emitouse dende a residencia da terceira idade Luces do Sil
Un dos momentos da emisión de "A tarde" dende Parada de Sil.
Un dos momentos da emisión de “A tarde” dende Parada de Sil.

Este ano a noite de Reis foi especial no concello de Parada de Sil, que contou coa presenza dun equipo da Radio Galega que se desprazou para emitir o programa “A tarde”.

A emisión tiña lugar despois da Cabalgata na que as súas maxestades de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar, percorreron as rúas do pobo ata chegar á residencia da terceira idade Luces do Sil. Alí, anciáns e nenos, recibían os agasallos por parte dos Reis Magos, sendo asemade os protagonistas do programa radiofónico.

Os Reis Magos cos cativos de Parada.
Os Reis Magos cos cativos de Parada.

Fotos cedidas polo Concello de Parada de Sil.

Artigos relacionados

Back to top button