DeportesEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

A tempada de pesca 2020 comeza con boas capturas no río Sil

Membros do club de pesca deportiva Spinning Valdeorras pescaban grandes exemplares de troita no Barco

 

Depois de tanto tempo esperando, os pescadores poden por fin coller as canas e saír aos ríos, aos encoros e mesmo o mar, para desfrutar do seu deporte favorito.

 

O presidente do club Spinning Valdeorras, Daniel Prada, cunha troita pescada no Sil.

 

Así o fan os afeccionados valdeorreses aos que se pode ver nas augas do río Sil dende o martes 19 de maio, o día en que comezaba oficialmente a tempada de pesca 2020. É o caso de varios membros do club Spinning Valdeorras, que fomenta a pesca deportiva e responsable, que nesta primeira semana facíanse con espectaculares exemplares de troita no río ao seu paso polo Barco de Valdeorras, que despois de ser capturados regresaban ao río. “Non podemos obrigar á xente a que practique sempre a pesca sen morte e devolva todas as troitas pero si logramos que o fagan nun 95% por cento”, explica o presidente do club Daniel Prada, quen asegura que no seu caso devolve o 100% das capturas.

 

Emmanuel Fernández amosa a troita pescada no Barco.

 

Daniel Prada cunha troita de cerca de 5 kg. pescada no Sil.

 

Santiago Blanco coa súa captura.

 

Diego Fernández con outra troita pescada no río Sil ao seu paso polo Barco.

 

Outro socio do cub, Tomás Araújo, coa súa captura no Sil.

 

Ademais da troita no río Sil, hai membros do club Spinning Valdeorras que pescan no mar, logrando nesta ocasión facerse con algún exemplar de lubina, tanto nas augas salgadas da Coruña como nas de Vigo.

 

Lubina pescada en Vigo por Eladio Fernández.

 

Lubina pescada na Coruña por Javi Fernández.

 

No caso dos pescadores que optan pola pesca no encoro de San Martiño, na Rúa, especialmente os membros da Sociedade de Pesca Fluvial Valdeorras, están especializados na pesca doutas especies como vogas ou black bass.

As fotos da galería son de Mónica G. Bellver agás as dúas últimas que son cedidas, igual que as que aparecen no texto.

Artigos relacionados

Back to top button