A tenda da Rita vén de estrear na tarde do 24 de setembro a súa segunda tenda física, tras a primeira que se abría na zona vella do Barco en xullo de 2023. Desta volta, na capital da provincia. “Levamos o espírito inicial da nosa idea a cidade de Ourense”, explica o seu xerente, Jorge Delgado. Esta tenda está situada no novo Mercado Ponte Canedo, onde ocupa o posto Gourmet e Vinoteca dentro da propia oferta do mercado, que abría as súas portas esta mesma tarde
“A tenda da Rita segue coas estanterías cheas de produtos con Alma Galega, apostando sempre tamén polos produtos de Valdeorras que agora, contan con este novo escaparate no barrio da Ponte da cidade ourensá”, destaca Jorge Álvarez, que tamén é o responsable do córner de Bico de Xeado, a marca de xeados artesáns producidos con leite galega.
O Mercado Ponte Canedo está ubicado na Avenida das Caldas número 6 de Ourense e abre de luns a domingo dende as 8:00h da mañá ata o peche ininterrompidamente.
Fotos cedidas.