ConcellosO BarcoÚltima hora

A tenda da Rita, unha nova fiestra aos produtos galegos de calidade na zona antiga do Barco

 

Poñer en valor os produtos agrolimentarios de calidade de Valdeorras, pero tamén doutros puntos de Galicia e, en especial, os dos pequenos produtores. Dende viños, pasando por doces como a bica ou as galletas ata xeados. Con este obxectivo vén de abrir as súas portas na tarde deste 5 de xullo A tenda da Rita, (na rúa San Mauro, 26, facendo esquina coa rúa Real) nun concorrido acto inaugural no que non faltaban os petiscos nin o viño.

Trátase dun establecemento de produtos gourmets e delicatessen galegos, coidando e mimando a súa imaxe e presentación, e que aposta ademais por poñer en valor e revitalizar a zona vella do Barco, situándose ademais á beira do paso do Camiño de Inverno e xunto ao Porto da Barca, tal e como explica o seu xerente, o barquense Jorge Álvarez.

 

 

“Queremos achegar as elaboracións dos pequenos produtores que moitas veces non atopan canles de venda”, comenta. Ademais en breve teñen previsto crear unha páxina web para poder comercializar online e en todo o mundo a oferta deste establecemento en atendarita.com.

O horario de atención ao público deste establecemento é o seguinte: martes e mércores de 10h. a 14h. e de 18:30h. a 21h.; os xoves, venres e sábados de 10h. a 14h. e de 19h. a 23h. e os domingos de 11h. a 14h. Os luns estará pechado.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button