CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

A terceira edición do festival urbano “Goom” chega en xullo con máis actividades que nunca

As entradas xa están dispoñibles na páxina web

Dj no Goom 2023. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Os vindeiros 5 e 6 de xullo, Vilamartín de Valdeorras volverase converter no centro da música electrónica e do entretemento coa celebración da terceira edición de Goom Festival, que por primeira vez se estenderá durante dous días, venres e sábado, nas instalacións do Complexo Hostaleiro Paladium.

A festa comezará o venres 5 de xullo a partir da medianoite cunha vibrante noite de música techno que promete facer vibrar a todos os asistentes ata o amencer, cun cartel de DJs locais e do Bierzo entre os que están Dark Tato e Isra.

 

Goom Festival 2023.

 

O sábado 6 de xullo pola tarde, o festival continuará cunha refrescante pool party, perfecta para gozar do sol e da música nun ambiente desenfadado e divertido. Pero iso non é todo, porque a tarde intensificarase cunha nova edición do premio MFC, o Showdown 039, onde se levarán a cabo emocionantes combates de MMA, Kick Boxing, Muay Thai, K1 e Grappling, tanto en categorías masculinas como femininas.

 

Goom Festival 2023.

 

Para culminar a fin de semana, o festival pechará coa gran Festa Goom que promete ser o broche de ouro destes dous días de música e diversión. Contando con moitas sorpresas, espectáculos en directo e DJs de toda España.

Ademais, seguindo a tradición, grazas á colaboración co Inorde, o festival contará coa presenza dos mellores influencers de Galicia que chegarán a Valdeorras para promocionar a beleza e riqueza da nosa comarca, contribuíndo á súa difusión e atractivo turístico.

 

 

As entradas para este evento xa están dispoñibles en goomfestival.es.

Artigos relacionados

Back to top button