CulturaCulturaÚltima hora

A tradición oral local sóbese ao escenario con “Facer memoria”, no Barco

Este espectáculo de Berrobambán, interpretado por Paula Carballeira, facía partícipe á veciñanza do municipio na pasada fin de semana

 

Da tradición oral local, tanto real como imaxinada, nútrese “Facer memoria”, o último espectáculo de Berrobambán, interpretado por Paula Carballeira. Presentábase na tardiña do 4 de decembro no Teatro Lauro Olmo do Barco, nun exercicio de memoria colectiva que xeraba bastante interese no que se facía partícipes a veciños e asociacións do municipio, tanto antes como durante a función.

De feito, xa os días previos os membros da compañía mantivan reunións nos locais das asociacións de Veigamuíños e Vilanova, con persoas particulares e tamén no IES Lauro Olmo, onde se desenvolveu unha actividade relacionada coa memorias das avoas.

Xa sobre o escenario, o 4 de decembro, Paula Carballeira desenvolvía unha interesante sesión tecendo os diferentes fíos deses encontros, e incluíndo, ademais, intervencións dos asistentes, entre os que estaban Pilar Alonso, Antonia González, Xabier Roo e Gustavo Docampo. “Facer memoria” é un proxecto para o Xacobeo 2021 dirixido por Chiqui Pereira.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button