A tradicional Festa dos Maios regresará á rúa no Barco o vindeiro 1 de maio. A celebración incluirá o concurso de Maios, arcos florais e coplas, música e baile tradiciontal e tamén unha mostra de artesanía no centro da vila.
O programa iniciarse ás 11:30h. coa apertura da feira de produtos artesanais, ás 12:30h. está prevista a actuación da agrupación Abelladeira de Ponferrada. Despois, ás 13:30h. comezará o canto das coplas.
Esta xornada festiva continuará pola tarde co espectáculo “Superheroe” de Fran Rei, dirixido a público familiar. Finalmente, ás 19h. procederase á entrega de premios do concurso. A Festa dos Maios será organizada polo Concello do Barco en colaboración co Centro Comercial Aberto (CCA).